ADEGA

Inicio / Campañas / Ti podes paralos! Proxectos eólicos...

Ti podes paralos! Proxectos eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural

Campaña de recadación solidaria para conseguir a paralización cautelar efectiva dos parques eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural

ADEGA, xunto coa PDCC, conseguiu que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) paralizase cautelarmente os proxectos eólicos Bustelo e Campelo de Greenalia, autorizados pola Xunta de Galicia, nos concellos de Coristanco, Santa Comba e Carballo.

Un enorme éxito xudicial fronte a invasión eólica de Galiza que para, facerse efectivo, requiriu do depósito dunha caución ou aval de 20.000 euros. Grazas á solidariedade do pobo galego, o reto acadouse en tan só unha semana, desde que se puxo en marcha a campaña de recadación solidaria "Ti podes paralos!", a cal puxo en relevo o forte e amplo rexeitamento social ao actual modelo eólico da Xunta de Galicia. 

Xuntas, parámoslle os pés a Greenalia e á Xunta de Galicia
fronte a un modelo eólico agresivo co territorio e coas persoas. Poidemos paralos! Ti podes paralos! 

Que é unha caución ou aval?

Unha "caución" é unha garantía ou fianza que, neste caso, impón o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia á parte recorrente (ADEGA e PDCC), "para responder dos prexuízos de calquera natureza que puidesen derivarse da medida cautelar” á parte demandada.

O TSXG impón 10.000 euros de caución por proxecto cada paralizado cautelarmente, polo cal, ao ter admitido ata o momento a suspensión temporal de dous parques eólicos, enfrontámonos a unha caución de 20.000 euros. O prazo para realizar o depósito remata o vindeiro 1 de novembro!

Fai a túa achega a través de doazón ou préstamo solidario. Escolle a opción que prefiras.

As persoas que efectúen doazóns ou préstamos a través de ingreso en caixeiro automático, deberán enviar un emaii co xustificante de pago a xestion@adega.gal, indicando o seu nome completo + NIF,  e se se trata dunha doazón ou préstamo. Tamén poden chamar ao teléfono 981570099.

Grazas!

Doazón

  • Desgrava o 80% (ata 150€) ou o 35% (>150€) na declaración do IRPF.
  • En caso de sentenza favorable, non se devolve
  • Poderás facer o pago con tarxeta de crédito/débito, Bizum ou Paypal.
 Fai a túa doazón en: https://doazons.adega.gal

Préstamo solidario

  • Cantidade mínima: 150€.
  • Non comporta pago de intereses.
  • En caso de sentenza favorable, recuperarás o teu préstamo (descontados os gastos de xestión).
  • En caso de sentenza desfavorable, perderás a cantidade prestada.
  • Terás que asinar un contrato privado con ADEGA.
  • O pago terá que efectuarse por transferencia bancaria.
Fai o teu préstamo enhttps://prestamos.adega.gal/

Contacta

Chámanos ao teléfono 981570099 ou escríbenos ao correo electrónico xestion@adega.gal ante calquera dúbida sobre como efectuar a túa achega a esta campaña.


Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal